Unha vez temos rematado o noso paquete de contidos, podemos exportalo a distintos tipos de formatos:
- O formato por defecto do exeLearning é .elp
- Formatos educativos, empregados por distintas plataformas para eLearning:
- Formato sitio web, resolve os problemas de compatibilidade coas distintas plataformas.
- Cartafol independente. Exportado a este formato xérase un cartafol que contén tódolos arquivos do paquete organizados como un sitio web, que podemos visualizar nun navegador web facendo dobre clic no arquivo index.html. Cando non hai conexión a Internet, este é o formato idóneo. Publicar o paquete en servizos como Dropbox é especialmente útil se imos inserir o paquete en varios sitios como cursos Moodle, pois deste xeito cando o actualizamos en Dropbox, os cambios mostraranse en todolos sitios nos que esté ligado, o cal simplifica enormemente o seu mantemento.
- Ficheiro zip é un formato semellante ao anterior pero está empaquetado nun arquivo zip. Neste curso empréganse este formato para os contidos dos módulos. Insértanse como un recurso tipo "Ficheiro". Podedes ver os pasos no módulo "Recursos" na páxina "Xeral e contido" ou vendo este video:
CeDeC MECD. eXeLearning. Subida contenido html a Moodle. Licenza de atribución de Creative Commons (reutilización permitida)
- EPUB, estándar aberto para e-books. A diferenza do formato PDF, os documentos EPUB non están definidos para un tamaño de páxina fixo. O contido adáptase ao tamaño da pantalla, se a pantalla é máis pequena haberá máis páxinas, se é máis grande haberá menos.