Saltar navegación

1º Plantillas

O primeiro que debemos facer cando comezamos a traballar có exeLearning é escoller a plantilla dos nosos paquetes.

A plantilla determina aspectos de formato: cabeceiras, pés de páxina, fondo das páxinas, fontes empregadas no documento, etc.

Neste curso empreguei a plantilla proposta para os cursos Platega, xa que cumpre cós criterios de accesibilidade web para presentación de contidos.

  1. Activar o "Usuario avanzado" necesario para poder xestionar plantillas, acceder a máis tipos de formatos e ferramentas, entroutros:

    Usuario avanzado
    Licenza: Dominio público
  2. Se a plantilla desexada non está disponible, importar a plantilla:

    Importar a plantilla
    Licenza: Dominio público
  3. Escoller a plantilla: 

    Escoller a plantilla
    Licenza: Dominio público