Este é un exemplo do iDevice "Ficheiros adxuntos". Premendo o enlace poderás descargar o manual con exemplos de iDevices de exeLearning en formato pdf. Descargado do portal de educación da Xunta de Galicia: Prácticas con exeLearning.
Moodle é un sistema de xestión de cursos de libre distribución (course management system CMS) que axuda aos educadores a crear comunidades de aprendizaxe en liña.
Moodle foi creado por Martin Dougiamas, quen foi administrador de WebCT na Universidade Tecnolóxica de Curtin. Baseou o seu deseño nas ideas do construtivismo en pedagoxía que afirman que o coñecemento se constrúe na mente do estudantado en troques de ser transmitido sen cambios a partir de libros ou ensinos e na aprendizaxe colaborativa. O profesorado que opera desde este punto de vista crea un ambiente centrado no estudante que lle axuda a construír ese coñecemento con base nas súas habilidades e coñecementos propios en lugar de simplemente publicar e transmitir a información que se considera que os estudantes deben coñecer.