Saltar navegación

ENTREVISTAS

ENTREVISTA COA NUTRICIONISTA UXÍA RODRÍGUEZ

ENTREVISTA NUTRICIONISTA

- Cres que os menús do comedor escolar son saudables?

- Bueno, creo que cada vez son máis saudables, porque empezamos a cambiar o que eran antes aínda que hai moitos máis alimentos saudables que eu introduciría. Sobre todo na parte das sobremesas que dan iogur ou natillas poderíase introducir máis froita ou diferentes formas de cociñar ás que estamos acostumados, con guisos de tenreira ou garavanzos.

- Cando comezou a interesarse pola nutrición?

- Bueno, creo que dende pequena. Ao final comemos 5 veces ao día e é algo que facemos todos os días e nunca pensamos que sexa tan importante.

- A túa dieta sempre foi boa?

- Creo que si. Eu sempre como moitas verduras e froitas, pero bueno, coma calquera neno tamén comín chuches e doces nun aniversario.

- Que opinas da comida rápida?

- Que pode ser algo que, se temos ganas, unha vez ao mes podemos tomalo sen problema pero ,ao final, non é un tipo de alimento que podamos consumir nin tres veces por semana. Se comemos unha pizza ou unha hamburguesa podemos facelo na casa e divertirnos facéndoo e é moito máis saudable.

- Que recomendacións dás para levar unha boa alimentación?

- Como sabedes, hai que comer 5 racións de froita e verdura ao longo do día e tamén é moi importante beber, polo menos un litro e medio ao longo do día e tomar cereais, sobre todo se poden ser integrais. Aprendemos aquí que utilizamos o método do prato e que o que máis se ve no prato son as froitas e as verduras.

nutricionista

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)