Saltar navegación

CHARLAS DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA

Charlas de divulgación científica na biblioteca Rialeda

Durante os cursos 2022/2023 e 2023/2024 oraganizáronse, en colaboración coa Biblioteca de Rialeda, unha serie de charlas dentro do programa "Ler para saber: charlas de divulgación científica" para achegar a ciencia a todas as persoas , especialmente ao alumnado dos últimos cursos de primaria, ampliar os coñecementos científicos e fomentar a lectura e consultas sobre temas relacionados coa ciencia.

Temos que dar as grazas ás familias,  moitos dos conferenciantes eran pais ou nais do alumnado do noso centro, e aos distintos profesionais que aportaron os seus coñecementos e tempo. Todos eles e elas desinteresadamente.

Como tamén queriamos fomentar a investigación e a exposición en público dos nosos alumnos e alumnas, previamente á charla do especialista ,algún neno ou nena facían unha presentación dun tema relacionado coa charla posterior.

Rialeda

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)