EDITORIAL
REVISTA DE SAÚDE, MEDIOAMBIENTE, ECOLOXÍA, NATUREZA, IGUALDADE, PAZ...
Por que Biotopo?
Biotopo foi un colectivo que fundaron nen@s nos anos 80 en Oleiros.
Hoxe os seus membros son educadores, edís, deputados, directivos de medioambiente, ecoloxía, protección de animais, servizos sociais...
Eran un grupo de nen@s do colexio Os Camilos que estaba en Os Regos; era un centro provisional mentres se facía o colexio Valle Inclán en Perillo.
Un concelleiro de Oleiros e membro de Greenpeace recibiunos. Crearon un grupo ecoloxista, co seu carné, o seu escudo e o seu nome, BIOTOPO.
Desde 1983 a 1993, Biotopo editou boletíns, convocou asembleas, organizou excursións por Galicia e por Europa, loitou contra as mareas negras, contra as nucleares ou en defensa dos lobos...
A pegada desta asociación ecoloxista segue viva e a súa continuidade está asegurada porque esta xeración Biotopo deulle o relevo @s sú@s fill@s.
Dende o CEIP VALLE INCLÁN queremos contribuír a aquela escola de convivencia ambiental e de valores.