AS ÁRBORES DO COLEXIO NO INVERNO
AS ÁRBORES NO INVERNO
Ao comenzar un novo curso, se observamos as árbores podemos ver que van mudando a súa cor según vai avanzando o outono.
As follas tórnanse amarelas, laranxas, castañas ou vermellas e finalmente acaban caendo e as árbores quedan espidas.
Todas as árbores?, non, algunhas coma o cedro, o acivro ou o camelio non perden as follas, son árbores de folla perenne.
As follas son as encargadas de realizar a fotosíntese para fabricar o alimento da árbore. Para eso precisan luz solar, clorofila, dióxido de carbono e auga.
No outono diminúen as horas de luz e van baixando as temperaturas. As árbores deixan de producir clorofila e polo tanto deixan de facer a fotosíntese.
A cor verde das follas desaparece e aparecen outros pigmentos que estaban presentes pero enmascarados pola dominancia da clorofila.
As árbores de folla caduca poñen en marcha un mecanismo de supervivencia co fin de conservar a súa enerxía e manterse en estado de actividade mínima ata a primavera.
A árbore corta o suministro de savia ás follas, retira a clorofila e outros compostos úteis das follas e gárdaos noutros tecidos para utilizalos na primavera.
No inverno as árbores traballan na produción de substancias que estimulan o crecemento das xemas na primavera.
Desde remates de febreiro saen do letargo e, cando as temperaturas suben, os días fanse máis longos e as árbores reinician a súa actividade. As raices seguen absorvendo auga e nutrintes, pero agora empezarán a trasladalos ás pólas, onde na primavera aparecerán as xemas e delas, as novas follas.
Por que algunhas árbores non perden as follas?
Non as perden porque as súas follas están recubertas dunha cera que lles axuda a protegerse do frio e os seus tecidos conteñen anticonxelantes para impedir que a auga da savia se conxele e poida reventar os seus condutos.
