Saltar navegación

A PESCA DE ARRASTRE

A PESCA DE ARRASTRE

Pesca de arrastre: repercusións no futuro

Os océanos son fundamentais para a vida: regulan o clima, producen osíxeno, absorben o 30% das emisións globais de CO2 aproximadamente e garanten a seguridade alimentaria de máis de 3000 millóns de persoas, pero as malas practicas están poñendo en perigo a saúde dos seus ecosistemas.

Un informe asegura que a pesca de arrastre libera 1000 millóns de toneladas de dióxido de carbono ao ano.

A pesca de arrastre consiste en lanzar redes enormes ao mar, a costa de arrasar todo ao seu paso.

Ademais, péscanse toneladas de peixes non desexados que logo morren, devastando o mar.

Se a pesca de arrastre e a devastación da vida mariña non se deteñen, millóns e millóns de persoas verán a sua fonte principal de alimentación aniquilada e, por consecuencia, a súa morte e unha redución masiva da poboación mundial.

Tamén, ao quedar o océano baleiro, as emisións de CO2 aumentarán masivamente o seu efecto na capa de ozono do noso planeta.

Todo isto deixa claro que se seguimos devastando o mar, o único que lograremos é que a nosa principal fonte de redución de CO2 desapareza por completo.

Unha alternativa sería pasar a ser vexetarianos, pero iso non é a solución.

Segundo outro informe os próximos dez anos son críticos para o cambio.

Se non logramos facer un cambio nestes dez anos fará falta un milagre para salvar o océano.

Sen embargo a pesca de arrastre non é a única práctica que pon en perigo o océano.

A pesca por explosivos, a pesca fantasma ( aquela causada por aparellos non atendidos), todas as que devastan o océano son prexudiciais.

Polo tanto, parar a pesca de arrastre non o soluciona todo, necesitamos que todas as pescas que devastan o mar sexan paradas para que o mar poda seguir co seu desenvolvemento, axudándonos a reducir as emisións de CO2.

Ademais, o noso planeta é un 75% auga.

Se as criaturas morren, o mar non tardará en desaparecer, levándose con el a toda raza humana, animais e vexetais.

Como o mar é fundamental para a vida na Terra, temos que cuidalo, pero as nosas accións fan o contrario do desexable.

Para que o peixe non desapareza basta con facer estas tres cousas:

1. Reducir o consumo de peixe.

2. So comprar peixe de pesca sostible.

3. Apoiar as campañas de detención da pesca de arrastre.

Facendo estas tres cousas podemos conseguir que o océano se recupere.

pesca arrastre

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)