Foro de presentación dos participantes e pequena enquisa

Actualizando a formación

Actualizando a formación

por Sonia Sánchez -
Número de respostas: 1

Bo día, o meu nome é Sonia.

Son mestra no CEIP Plurilingüe de San Clemente de Cesar, titora de 4º de primaria, cun total de 16 alumnos/as. O centro no que traballo ten unha aula de informática que nos permite dispoñer dun ordenador para cada neno/a. Ademais impártese a área de TICs aplicadas por parte dun mestre do centro, cunha temporalización dunha hora semanal.


Como titora fago uso das TICs sobre todo no tocante ao uso de recursos audiovisuais (proxeccións, gravacións de vídeo e audio, escoita de audicións...) e tamén no relacionado coa busca de información (uso de buscadores, manexo algunhas páxinas web moi sinxelas e con axuda). Por este motivo, non se pode decir que empregue as TIC na aula cunha presencia moi acusada, máis ben o seu uso é un complemento ou un recurso máis. Poderíamos decir que non teño experiencia no ensino virtual, salvo a improvisación do confinamento. Co programa Webex coido que vou sendo capaz de empregar as funcionaldiades básicas, pois useino durante o confinamento para facer videoconferencias grupais co alumnado e familias. Seguramente existan moitas funcionalidades que descoñezo pero alomenos o básico coido que o vou sabendo facer. En canto ao uso do Moodle non teño nin idea, nunca empreguei a aula virtual.


Se ao finalizar o curso aprendo a utilizar a ferramenta da aula virtual penso que xa quedo contenta. Agora mesmo é unha necesidade bastante urxente que teño. 


Un saúdo

En resposta a Sonia Sánchez

Re: Actualizando a formación

por Usuario eliminado -

Boa tarde.

Imos a intentar que coñezades as funcionalidades básicas da aula virtual e, a partir de aí, xa será moito máis sinxelo para que vós experimentedes e medredes dun xeito individual.

Moito ánimo e un saúdo,

Diego