Foro de presentación dos participantes e pequena enquisa

Presentación

Presentación

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 1

Boas tardes!

Chámome Celia e profe no CEIP Plurilingüe Cruceiro (Vilalonga). Son especialista en Educación Física e doulles clase o alumnado de 4º, 5º e 6º. A maiores, tamén imparto Ciencias da Natureza e Sociais en 5º.

En canto a ensino virtual teño pouca experiencia. Estou empezando a empregar edixgal e o curso anterior empreguei o google classroom. A aplicación Webex case non a utilizo.

Neste curso espero aprender a empregar novas ferramentas que me sexan de utilidade para o día a día na aula. 

Saúdos!