Section outline
-
-
Documento elaborado polo CAFI que recolle algunhas pautas e recursos para o teletraballo do profesorado galego. Trátase dunha guía sinxela que responde ás seguintes preguntas: Como podo levar a cabo o ensino a distancia? De que ferramentas dispoño? E, por último, onde podo atopar axuda?
-
-
Entra no enlace do foro e preme sobre o botón Engadir novo tema de discusión. Pónlle título ao tema e na caixa da mensaxe menciona en que colexio dás clase é a que curso ou especialidade. Sería importante que comentases:
- que formación e/ou experiencia tés en ensino virtual,
- como te manexas con Webex e Moodle,
- que esperas aprender neste curso.
Para rematar, preme sobre o botón Comentar no foro.
-
Documento coa información esencial do curso.
-
O seguinte documento describe as tarefas a realizar na primeira semana de curso. Segue os seguintes pasos:
1. Consulta a documentación que tés dispoñible na aula virtual.
2. Le as tarefas con atención.
3. Intenta resolver as tarefas coa información da que dispós.
-
Manual de axuda para crear un curso na aula virtual.
-
-
Para realizar a tarefa de creación dunha sesión de videoconferencia deberedes organizar grupos de 6 participantes. Para isto debemos escribir o noso nome no horario que máis nos guste ata un máximo de 6 persoas.
Unha vez pechado o grupo deberedes decidir quen será o moderador da reunión, xa que esa persoa será a encargada de invitar aos outros membros do grupo á videoconferencia.
Importante: non se aceptarán máis de 6 persoas por grupo. Todas as mensaxes de inscripción de participantes que excedan ese número serán eliminadas.
-
-
Pequeno manual de axuda para engadir recursos e tarefas a un curso xa creado na aula virtual do noso centro educativo.
-
-
Cisco Webex Meetings é a plataforma recomendada e promovida pola Consellería para realizar as Videoconferencias.
Este servizo está dispoñible para todo o profesorado que imparte docencia en centros públicos de Galicia. Para acceder, os/as docentes reciben na súa conta corporativa un correo para poder activar a conta segundo se indica no manual do apartado anterior. O profesorado que non reciba o correo de activación pode poñerse en contacto coa Unidade de Atención a Centros (UAC).
No enlace podedes ver o vídeo explicativo da aplicación.
-
Manual Webex para o profesorado
-
Videotitorial sobre webex para o alumnado.
-
Videotitorial para empregar WEBEX en ordenadores con Linux maqueta Abalar .
-
-
-
abalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información académica dos seus fillos a través do teléfono móbil. A Xunta de Galicia, coa finalidad de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece estos servicios móbiles de Abalar para permitir aos responsables do alumnado poder seguir a actividade dos seus fillos dende calquer lugar.
Trátase dunha aplicación móbil para os sistemas operativos máis difundidos: iOS y Android.
-
-
A mensaxería de abalarMóbil é unha nova funcionalidade que ten como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables. Esta nova sección está dispoñible a partir da versión 1.3.0 da aplicación móbil tanto para dispositivos Android como iOS.
-
Este manual serve de referencia de uso para o profesorado, da funcionalidade de mensaxería nas aplicacións espazoAbalar e abalarMóbil. Con esta nova característica preténdese abrir unha nova canle de comunicación entre o profesorado e os/as responsables do alumnado. Polo tanto, podemos utilizar as operacións básicas que se realizan nunha comunicación como a creación de mensaxes, visualización, eliminación, xeración de notificacións, etc.
-
-
-
Moodle é unha ferramenta imprescindible para a xestión dos contidos de apoio na ensinanza presencial. Con ela o profesorado pode elaborar as súas unidades didácticas e sesións presencias dun xeito rápido e sinxelo. Permitire ao alumnado asignado a cada unidade ou lección traballar na aula, na casa, nas bibliotecas sen a presencia obrigada do profesorado. Os pais, nais e titores poderán ter acceso as leccións, traballos, e seguir a evolución das tarefas dende a presentación, elaboración e avaliación.
-
Documentación sobre Moodle versión 2.6 para o profesorado editor de cursos para o seu uso na aula. Así trataranse aspectos introductorios a esta versión de Moodle, a xestión dos cursos, a creación de distintos tipos de recursos e actividades, etc.
-
Máis cursos de administrador de Moodle e versións anteriores.
-
-
-
Agueiro é unha plataforma en liña que ofrece aos centros educativos galegos a posibilidade de crear a súa propia comunidade educativa virtual onde poderán participar tanto o profesorado como o alumnado do propio centro educativo
-
Guía rápida para usuarios de Agueiro, dirixido a centros educativos, profesorado e alumnado.
-
Manual completo de usuario da plataforma de portafolio Agueiro.
-
Esquema con contido interactivo de que é e como se traballa con Agueiro.
-
