Foro de novas

Finalización do curso

Finalización do curso

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

Boa tarde:

Mañá día 21 de outubro cúmprense 3 semanas da data de inicio do curso "Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes“ e, polo tanto, é o día de finalización do mesmo. Como xa se notificou no correo anterior, está planificada unha sesión opcional para mañá. Esta videoconferencia ten a intención de resolver as posibles dúbidas que poidan quedar pendentes e non se resolvesen nos foros. Ademais disto, explicaranse polo miúdo as tarefas opcionais propostas na semana 3.

Compre aclarar que despois da data de finalización do curso non se van a responder dúbidas nos foros, aínda que sempre poden ser contestadas por algún compañeiro. Tamén se vai a ampliar a data de entrega das tarefas, para a xente que aínda non as entregou, ata a fin de semana.

Con relación á videoconferencia do mércores enviarei as invitacións ás direccións de correo das persoas que se interesaron no foro nun par de horas.

Saúdos,

Diego