Bo día a todas e todos.
O meu nome é Moisés. Traballo no CEIP Plurilingüe San Clemente de Cesar, en Caldas de Reis. Son titor de 6º curso de Educación Infantil, cun total de 15 alumnos.
Os meus coñecementos tecnolóxicos son bastante amplos, inda que teño que dicir que no referente á Aula Virtual, nunca a empregara. No meu cole, son o encargado da súa administración, e debo dicir que é bastante intuitiva e sinxela de manexar.
O meu obxectivo para este curso é aprender a sacar o maior probeito a todas as ferramentas tecnolóxicas que están ao noso alcance, para deste xeito poder ofrecer aos alumnos unha mellor experiencia no caso de ter que voltar á Educación a Distancia.
Un saúdo para todas e todos, e moito ánimo.