Boa noite:
Acaba de habilitarse o acceso á tarefa final da semana 1, así como ao manual de axuda para realizar esta tarefa. Manual creación de curso.
Teredes que crear un curso e darlle acceso a convidados mediante unha clave. Esa clave debe publicarse no foro Foro de chaves de acceso seguindo o formato que nel se especifica. Poderedes atopar a información para xenerar a clave no manual de creación do curso citado con anterioridade.
Por último gustaríame comentar un pequeno problema que lle está a xurdir a varias persoas. Ao intentar facer a tarefa desta semana atopadesvos con que non tedes acceso dende o voso perfil a "Administración do sitio -> Cursos -> Engadir/Editar cursos".
Pasos a seguir para solucionar este problema:
1. Comprobar que estades accedendo á aula virtual do voso centro educativo.
2. Poñerse en contacto co administrador da aula virtual do voso centro educativo para que vos conceda permisos de "profesor" ou de "creador de cursos".
3. Escribir unha mensaxe por correo ou no foro se o problema persiste.
Saúdos e moito ánimo,
Diego