Foro de novas

Benvidos e benvidas

Benvidos e benvidas

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

Boa noite:

Acaba de engadirse o documento FicheiroSaúdo á aula virtual. Este é un pequeno resumo que explica a organización do curso. 

Simplemente recordarvos que o material que hai colgado na aula virtual é material complementario que está dispoñible para a súa consulta no caso de ser necesaria.

Nós imos a seguir o curso a través das semanas, neste intre estamos na semana 1 de curso e temos colgadas as tarefas correspondentes a esta semana e os foros para poder participar.

Vou a deixar un par de días para que experimentedes e intentedes resolver as tarefas desta semana coa axuda pública da que xa dispoñemos na aula virtual. Pasado este tempo facilitareivos unha guía con capturas que vos servirá de axuda.

Por último recordarvos que para calquera información importante empregarei este mesmo medio para facérvola chegar.

Ánimo e un saúdo,

Diego