Bo día:
Acabo de habilitar os materiais e a tarefa da semana 2 de curso Sesión de Webex. Para a súa realización debemos ler a sección "documentámonos" e elixir un grupo dos tres dispoñibles mediante o foro
Foro elixir grupo.
Cada grupo deberá chegar a un acordo para elixir a unha persoa moderadora do grupo. As persoas moderadoras de cada grupo deberán planificar unha reunión para o venres 9 de outubro nas seguintes horas:
- Grupo 1: 18:00 - 18:15
- Grupo 2: 18:15 - 18:30
- Grupo 3: 18:30 - 18:45
Cada moderador deberá invitar á reunión aos membros do seu grupo e a Diego López López (dllopez@edu.xunta.gal). Durante a sesión a persoa moderadora deberá facer unha serie de tarefas. Despois destes 15 minutos, os membros do grupo poden cambiar de moderador e facer as diferentes tarefas as veces que o desexen.
Podedes consultar aos usuarios do curso en "Participantes" e, se o desexades, podedes compartir os vosos datos para as invitacións mediante o foro ou mensaxes privadas, como prefirades.
Ánimo e un saúdo,
Diego