Comezando a traballar con Blogues na web do centro.

Capítulo I


Tal e como xa explicamos anteriormente a web do colexio está feita en Drupal ver. 5.7 [1] que é un sistema de xestión de contidos (CMS)
Este sistema proporciona a posibilidade de crear automaticamente un Blog para cada un dos usuarios rexistrados no espazo.

Qué son os usuarios rexistrados?

Hai dous xeitos de visualizala web do centro:
  1. “Mirala”como un visitante ou usuario anónimo calquera de Internet, o único que hai que facer e poñer o enderezo (ou url) centros.edu.xunta.es/ceipdesada nun navegador como Internet Explorer, Mozilla [2] etc. Tamén se pode atopar a páxina a través de google.
  2. Accedendo a Área Privada de traballo, onde ademais de mirar se pode: publicar, comentar, modificar, crear, eliminar contidos etc. O enderezo neste caso segue a ser o mesmo: centros.edu.xunta.es/ceipdesada , é accesible tanto dende a Intranet (a rede do colexio pertencente á Xunta) como dende Internet. O único que precisamos é dunha conexión a Internet e dun navegador (preferiblemente Mozilla)

Por cuestións obvias de seguridade esta zona está restrinxida aos usuarios autenticados, é dicir aqueles que posúen un nome de usuario e un contrasinal proporcionados pola dirección do centro.

Neste caso o único que hai que facer é acceder á zona Privada e iniciar sesión no espazo introducindo dito nome de usuario e contrasinal no lugar indicado para tal fin (a isto se lle chama logearse ou autenticarse)


Quén autoriza a unha persoa a ser usuario rexistrado?

A dirección do centro é quen autoriza ou non a qué persoas da comunidade educativa (profesores, persoal do centro, alumnos, pais, nais...etc) se lles proporciona un usuario e contrasinal.


Quen proporciona os nomes de usuario e contrasinal?

Estes son proporcionados polo equipo de administradores da páxina (o director do centro e os profesores que queiran formar parte deste equipo de administradores poden solicitalo e serán benvidos.


Como son os nomes de usuario e o contrasinal?

Neste centro inicialmente dispoñemos dos seguintes usuarios xenericos:

_Primeiro para o profe de 1º de primaira,

_Segundo para o profe de 2º de primaira,

_Terceiro para o profe de 3º de primaira,

_Cuarto para o profe de 4º de primaira,

_Quinto para o profe de 5º de primaira,

_Sexto para o profe de 6º de primaira,

_Educación Física para o profe de Educación física,

_Música para o profe de música,

_Plástica para os profes de plástica,

_Relixión, para o profe de relixión,

A contraseña para todos é 1234.

O s usuarios poden e deben modificar ese contrasinal e poñer un propio.


A primeira vez que se da de alta a un usuario se lle pon unha contrasinal xenérica (1234) que o usuario DEBE CAMBIAR tan pronto como entre a primeira vez na páxina web do cole.

Se algún profesor tivera problemas para acceder, non ten mais que comunicalo á dirección do centro.




[1] Actualmente estamos na versión 5.7 pero proximamente está prevista a actualización á versión 6
[2] Recomendamos especialmente este último por ser unha ferramenta de software libre e cunha maior compatibilidade con Drupal

Última modificación: martes, 19 de xuño de 2018, 10:15 AM