Co obxectivo de converter a web dos centros en espazos dinámicos nos que poida colaborar e interactuar toda a comunidade escolar xurdiu dende a Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos (SIEGA) a iniciativa webs dinámicas.
O CEIP Vales Villamarín colabora activamente neste proxecto.
Aínda que o proxecto conta con mais funcionalidades que a elaboración de páxinas web polo de agora imos a centrarnos exclusivamente nesta parte do proxecto.
Para a elaboración das páxinas webs dos centros elixiuse o sistema Drupal . Trátase de software libre, con licenza GNU/GPL.
Drupal é un sistema de xestión de contidos (CMS: Content Management System) modular e moi configurable.
O seu deseño faino especialmente idóneo para construír e xestionar comunidades en Internet.
Drupal permite o traballo en equipo de distintos roles de usuarios, cada un cos seus permisos, que poden crear, xestionar, publicar e actualizar contidos.
Crear contidos e tan sinxelo como encher formularios que o usuario pode publicar en menús, seleccionando as opcións de saída.