Publicar un artigo no Blogue

Imos crear o noso primeiro artigo no blogue. Seguiremos os seguintes pasos:

  1. Entramos na web do centro: centros.edu.xunta.es/ceipdesada
  2. Iniciamos sesión
  3. Introducimos o nome de usuario e contrasinal tal e como se explicou anteriormente. Se xa temos un nome para o noso blogue de aula empregamos o usuario e contrasinal correspondente (lembrade que cando publiquemos os artigos aparecerán sempre no “blogue deusuario”, así os artigos que publica o usuario _Primeiro van ao blogue de_Primeiro, os que publica o usuario _3 anos vense no blogue de_3 anos etc.
  4. No menú de navegación escollemos a opción “Crear contido”
  5. Eliximos “blogue, artigo de blogue”
  6. Poñemos un título.
  7. Se aínda non queremos que quede visible no Borrador marcamos a opción “borrador”
  8. No “corpo” escribimos o texto que queiramos que apareza e lle damos formato (se vos fixades tedes un editor de texto algo parecido ao WordPad ou a Word de Microsoft Officce, funciona dun xeito parecido).
  9. Podemos tamén incluir obxectos flash (formato swf) empregando o botón flash
  10. É moi aconsellable cando vaiamos a introducir obxectos diferentes, como imaxes, texto e/ou obxectos flash que empreguemos táboas e coloquemos cada cousa nunha celda, deste xeito evitaremos que o navegador os "recoloque" segundo o espazo dispoñible, desordeando as cousas e desconfigurando o resultado. O único que temos que facer é empregar a opción de táboas taboa incluida na barra de ferramentas.
  11. Nas opcións de comentarios deixamos marcado “Lectura/escritura”
  12. Prememos sobre o botón “Enviar” para publicar o artigo
E observamos o resultado. Agora deberías intentar acceder ao teu blogue dende o menú de navegación.

Se pechas a sesión (elexir “sair” no menú de navegación) verás a páxina tal e como a ve un visitante calquera, se deixaches marcada a opción de borrador poderás comprobar que o teu artigo non é visible dende “fóra”
Última modificación: martes, 19 de xuño de 2018, 10:15 AM