Blog na wikipedia

Un blog, ou en español tamén unha bitácora, é un sitio web periodicamente actualizado que recopila cronoloxicamente textos ou artigos dun ou varios autores, aparecendo primeiro o máis recente, onde o autor conserva sempre a liberdade de deixar publicado o que crea pertinente.

O nome bitácora está baseado nos cadernos de bitácora, cadernos de viaxe que se utilizaban nos barcos para relatar o desenvolvemento da viaxe e que se gardaban na bitácora.

Este termo inglés blog ou weblog provén das palabras web e log ('log' en inglés = diario).
O termo bitácora, en referencia aos antigos cadernos de bitácora dos barcos, utilízase preferentemente cando o autor escribe sobre a súa vida propia coma se fose un diario, pero publicado na web (en liña).

Descrición

Habitualmente, en cada artigo dun blog, os lectores poden escribir os seus comentarios e o autor darlles resposta, de forma que é posible establecer un diálogo. Non obstante é necesario precisar que esta é unha opción que depende da decisión que tome ao respecto o autor do blog, pois as ferramentas permiten deseñar blogs nos cales non todos os internautas -ou mesmo ningún- poidan participar.

O uso ou tema de cada blog é particular, hainos de tipo: xornalístico, empresarial ou corporativo tecnolóxico, educativo (edublogs), políticos, persoais (Contido de todo tipo), etc.

Características técnicas

Existe unha serie de elementos comúns a todos os blogs.

Comentarios

Mediante un formulario permítese, a outros usuarios da web, engadir comentarios a cada entrada, podéndose xerar un debate arredor dos seus contidos, ademais de calquera outra información.

Enlaces

Unha particularidade que diferenza aos weblogs dos sitios de noticias é que as anotacións adoitan incluír múltiples enlaces a outraspáxinas web (non necesariamente weblogs) como referencias oupara ampliar a información agregada.

Fotografías y vídeos

É posible ademais agregar fotografías e vídeos aos blogs, ao que se lle chamou fotoblogs ou videoblogs respectivamente.

Redifusión

Outra característica dos weblogs é a multiplicidade de formatos nos que se publican. Á parte de HTML, adoitan incluír algún medio para redifundilos, é dicir, para poder lelos mediante un programa que poida incluír datos procedentes de moitos medios diferentes. Xeralmente, para a redifusión, úsanse fontes web en formato RSS

Características sociais

Dado que se actualizan frecuentemente e permiten aos visitantes responder ás entradas, os blogs funcionan a miúdo como ferramentas sociais, para coñecer persoas que se dedican a temas similares; co cal en moitas ocasións chegan a ser considerados como unha comunidade.

Interactividade

Un aspecto importante dos weblogs é a súa interactividade, especialmente en comparación a páxinas web tradicionais.


Emprego en comunidades

O método de publicación que usan os weblogs volveuse tan popular que se usan en moitas comunidades só para manexo de noticias e artigos onde non só participa un senón varios autores enchendo a comunidade de artigos.


Glosario

  • Entrada, entrega, posteo ou asento: a unidade de publicación dunha bitácora. En inglés chámaselle "post" ou "entry".
  • Borrador: é unha entrada ingresada ao sistema de publicación, pero que aínda non se publicou. Xeralmente óptase por gardar unha entrada como borrador cando se pensa corrixila ou ampliala antes de publicala. En inglés chámaselle "draft".
  • Fotolog ou fotoblog: unión de foto e blog, blog fotográfico.
  • Permalink: enlace permanente. O URI único que se lle asigna a cada entrada da bitácora, o cal se debe usar para enlazala.
  • Bloguero: escritor de publicacións para formato de blog. É común o uso do termo inglés orixinal: "blogger".
  • Comentarios: son as entradas que poden facer os/ás visitantes do blog, onde deixan opinións sobre a nota escrita por o/a autor/a. En inglés chámaselle "comments".
  • Plantilla ou Tema: Documento que contén pautas de deseño precodificado de uso sinxelo. En inglés chámaselle "template". Estes equipos, que habitualmente utilizan follas de estilo en cascada -CSS-, poden ser modificadas na maioría dos casos polos propios usuarios e adaptados ás súas necesidades ou gustos.
  • Bloguear: acción de publicar mensaxes en weblogs.
  • Blogalifóbica: cualificativo que se aplica a aquelas empresas ou organizacións que non aceptan que os seus empregados teñan blogs. Como a palabra indica, sería unha fobia aos blogs. Susténtase no medo a que no blog aparezan informacións que poidan danar a imaxe dunha empresa, ou que prexudiquen aos seus beneficios.




Información obtida da wikipedia pique neste enlace para ver a entrada completa.

Última modificación: martes, 19 de xuño de 2018, 10:15 AM