Antes de empezar
Mini Glosario
- As cousas que queremos “poñer” na páxina do colexio: texto, imaxes, noticias, eventos, música, películas, fotos etc. chámanse CONTIDOS
- Existen diferentes TIPOS DE CONTIDOS en función do que queiramos publicar: EVENTO, ARTIGO DE BLOGUE, FORO, ENQUISA, PÁXINA...
- Para publicar no Blogue só se pode elixir o contido tipo "Blogue, artigo de blogue"
- Gardar un arquivo (sexa un documento, unha imaxe, película etc.) no ordenador onde está almacenada a nosa web (SERVIDOR da Consellería) chámase SUBIR (subir unha película, subir unha imaxe etc.)
- Gravar un contido na web chámase PUBLICAR.
- Se queremos que o contido que imos publicar se “vexa” temos que decidir primeiro onde o imos publicar. Os “espazos” onde podemos publicar contidos chámanse CATEGORÍAS.
- As categorías aparecen na páxina principal en MENÚS despregables distribuíods en BLOQUES nunha columna no lado da dereita.
- Entrar nun espazo introducindo o noso nome de usuario e contrasinal chámase AUTENTICARSE ou tamén loguearse.
- Cada usuario ten asignado un ROL que determina qué cousas pode facer e ver e cousas non pode. No noso centro para o profesorado existen os seguintes roles:
* Profesores
* Biblioteca
* Infantil
* Educación Física
- Para o noso centro os nomes de usuario son OS MESMOS que os da conta de correo, a contrasinal a ten que decidir e poñer cada usuario.
- A primeira vez que entramos temos unha contrasinal xenérica 1234, que debemos cambiar tan pronto como poidamos (recomendamos poñer a mesa que a do correo para non esquecela).
Se temos problemas para entrar na páxina debemos pasar por Secretaría e comunicalo. Tentarán solucionalo tan pronto como poidan.
Se queremos crear un novo bloque para publicar nel ou cambiar a estrutura dun xa existente debemos tamén comunicalo en Secretaría onde se encargarán de recoller todas as solicitudes.
Última modificación: martes, 19 de xuño de 2018, 10:15 AM