Plantilla de Webquest
Tarefa
A Tarefa ten que incluír as preguntas necesarias para que o alumnado poida contestar a pregunta ou problema esencial que se propuxo no “Escenario”.
Este apartado deberá estar moi ben estruturado seguindo unha orde lóxica que terán que cumprir para a súa resolución. As indicacións deberán ser moi claras e concretas.
Asemade, tamén se achegarán os sitios web que o alumnado deberá de traballar para atopar a solución ás preguntas demandadas.
As ligazóns achegadas procuraremos que sexan de boa calidade e adaptadas á idade e nivel do noso alumnado, para que poda resolver eficientemente as preguntas.