Plantilla de Webquest
Preguntas
Neste apartado debemos enumerar as cuestións que o alumnado deberá resolver. Tamén podemos engadir pequenas actividades de sinxela resolución.
Para facer máis completa a pescuda da información, ademais de incluír preguntas que teñan unha resposta directa, que o alumnado atopará nos recursos facilitados, incluiremos preguntas onde teñan a obriga de:
- analizar os datos atopados.
- solucionar problemas propostos.
- tomar decisións cos datos obtidos.
É recomendable achegar un documento guía en pdf, office… no que lle facilitemos as preguntas para que non teñan que copialas da Caza do tesouro.
Sería interesante facilitar estes documentos en liña, desde servidores de internet do tipo de Google Drive ou Dropbox, para que o alumnado os poida modificar sen ter que empregar programas do seu ordenador.