Saltar navegación

A Gran Pregunta

A Gran PreguntaAquí engadiremos unha pregunta final a modo de conclusión, cuxa resposta non se encontre directamente en ningunha páxina da lista de recursos, senón que dependa das respostas ás preguntas anteriores e do aprendido buscando as respostas.

Este apartado está pensado para que o alumnado integre todos os coñecementos adquiridos sobre o tema tratado na “Caza do tesouro”.

Pode demandar do alumnado que aporte valoracións e opinións persoais sobre o tema tratado.

Este apartado vainos a ser de moita utilidade para traballar normas, actitudes e valores sobre o tema tratado.

Para que todo o alumnado participe na resolución desta tarefa final, pedirémoslle que primeiro reflexionen individualmente, para a continuación intercambiar impresións e opinións en pequenos grupos.

Finalmente o tema tratado será debatido no grupo de clase entre todos o seus membros. O alumnado deberá de ser consciente que vai ser avaliado segundo o seu nivel de participación no debate sobre a "Gran Pregunta".