Saltar navegación

Recursos

Imaxe dos recursosNeste apartado incluiremos os recursos a empregar para contestar ás cuestións e problemas propostos no apartado de "Preguntas". Proporcionaremos as ferramentas e as axudas que se precisen en cada intre.

Estes recursos serán:

  • Atractivos
  • Actualizados
  • De calidade
  • Adecuados ao nivel dos nosos alumnos.
  • No idioma de aprendizaxe

Procuraremos ordenar os recursos na mesma orde en que aparecen as cuestións.

É de utilidade facilitar os cuestionarios en varios formatos para recoller información das ligazóns visitadas sen ter que escribir as preguntas.

Cando traballemos con alumnado dos primeiros cursos de Ed. Primaria é aconsellable adaptar os contidos que ofrecen certas web para que sexan máis comprensibles e accesibles. Unha boa práctica sería actuar de "curador de contidos" colocando as nosas actuacións na web do centro cun tipo e tamaño de fonte adaptado aos destinatarios.