Saltar navegación

Conclusión

Exemplo de conclusiónNeste apartado reflexionaremos sobre o traballo aprendido ao completar a actividade.

O alumnado terá que ser quen de resumir o aprendido.

Podémoslle propor unha serie de cuestións ou frases que os anime a ampliar coñecementos e a reflexionar sobre o aprendido.

En resumo, do que se trata neste apartado é de dar senso ao traballo realizado na webquest e que vexan que esta forma de traballar lles pode servir para novos proxectos de investigación que eles mesmos poden propor.

Asemade, nesta sección seranos de moita utilidade engadir un apartado de "Lecer" xa que o ritmo de aprendizaxe e traballo coas novas tecnoloxías é moi heteroxéneo.

O alumnado que vaia rematando as súas tarefas accederá a estes recursos mentres o resto segue traballando na webquest.

Os recursos que acheguemos neste apartado serviranlle para ampliar información e adquirir novos coñecementos traballando dun xeito lúdico e ameno.