Saltar navegación

Temporalización

Temporalización

Como xa se indicou, realizaríanse varias sesións:

  1. Toma de decisións en grupo acerca das actividades a realizar. Esta sesión require dun traballo de busca de información previo.
  2. Sesión de montaxe do equipo de son. Dependendo do número de participantes esta sesión e a número 3 podería ser necesario realizalas en grupos de 2 ou 3 persoas polo que sería preciso repetilas para cada grupo.
  3. Manexo da mesa de mesturas de son.
  4. Procura de información na rede para aprender a manexar audacity e drupal, se fose necesario.

Probablemente, os días idóneos para a realización destas sesións serían os xoves como xa ocorreu con outras actividades de profesorado realizadas no centro.