Saltar navegación

Avaliación

Os estándares de aprendizaxe que nos guiarán para coñecer o éxito do proceso serán os seguintes:

  • O profesorado adquiriu habilidades no manexo dos equipos de son dispoñibles.
  • Existe implicación de todo ou gran parte do claustro na creación dunha radio escolar.
  • Realizouse unha reflexión acerca das posibilidades de uso da radio escolar e das TIC para a mellora das competencias do alumnado.
  • O profesorado procura información na rede para formarse no uso das novas tecnoloxías.