Saltar navegación

Descrición metodolóxica

No referente á metodoloxía procurarase o variar a forma de traballo e de agrupación.

En primeiro lugar fomentarase a investigación individual de xeito que cada persoa procure información e ideas sobre as posibilidades didácticas dos equipos de son e dunha radio escolar. Posteriormente realizarase unha posta en común na que se tratará de chegar a acordos que concreten as actividades a desenvolver.

Máis adiante será unha sesión de traballo en pequenos grupos nos que se explique como conectar todos os aparellos coa mesa de son e como empregar a mesma.

En último lugar voltaremos a apelar ao espírito autodidacta para que, se é preciso, o profesorado acuda á internet na procura da formación precisa para manexar o Audacity e traballar coa plataforma drupal para colgar audios na páxina do cole. Neste último caso, o equipo TIC podería exercer funcións titoriais.