Presentación
Introdución
Esta tarefa está pensada para a recuperación dunha radio escolar que xa existira no CEIP Manuel Rodríguez Sinde (A Guarda) hai 20 anos. Actualmente as dependencias que serviran de cabina e redacción úsanse como almacén. Como coordinador TIC considero que sería un proxecto interesante o seu rexurdir, servindo incluso de elemento motivador, entre outras cousas para o fomento da lectura e como complemento das actividades programadas polos equipos de biblioteca e dinamización da lingua galega. A formación tería dous núcleos principais. En primeiro lugar a reflexión e toma de decisións acerca de actividades e tarefas a realizar e con que metas. En segundo lugar, unha formación técnica no manexo das tecnoloxías necesarias para a gravación, edición e difusión dos programas radiofónicos creados.
Para todo isto sería imprescindible a participación decida, comprometida e entusiasta do profesorado, ou de parte do mesmo. Do mesmo xeito sería necesario un coñecemento básico dos aparellos a empregar por parte dos mestres e mestras implicados, evitando así que o peso do traballo recaia exclusivamente no equipo TIC ou, en último termo, no coordinador.