Section outline
-

Neste curso de introdución á plataforma Moodle adquiriremos os coñecementos básicos para a creación e xestión de distintos cursos , así como algunhas das actividades e recursos máis habituais para acadar os nosos obxectivos .
-
Moodle é unha aplicación web á que se accede por medio dun navegador web polo tanto para utilizalo precisamos un ordenador cun navegador instalado e conexión á Internet e por suposto coñecer a dirección da aula virtual do noso centro, que no noso caso é:
https://centros.edu.xunta.gal/ceipmacineira/aulavirtual/
-
Neste tema aprenderás a crear e configurar un curso.
-
Neste tema aprenderemos a modificar, configurar e xestionar íntegramente un curso.
A xestión dun curso de Moodle implica varios aspectos como o control de toda a actividade dos alumnos, a xestión das cualificacións, a creación e a xestión dos distintos grupos de alumnos no que podemos dividir o curso, así como tamén aspectos relacionados coa apariencia e as funcionalidades dispoñibles no propio curso.
-
Neste tema imos ver algúns recursos de Moodle como : ficheiro, cartafol, libro, etiqueta, páxina e URL.
-
Neste tema imos ver algunhas actividades de Moodle como : tarefa, proba, foro, conversa, escolla e wiki.
-
Neste tema aprenderemos a facer unha copia de seguridade dos nosos cursos e como restaurala na Aula Virtual.
-
Neste tema aprenderemos a buscar distintos recursos no repositorio Abalar e como inserilos nos cursos creados.
-
Neste tema investigaremos como funciona a nova actividade: BigBlueButtonBN para crear dende Moodle ligazóns a aulas en liña en tempo real mediante un sistema de conferencia web de código aberto para educación a distancia.