Tarefa 2: Estiramentos
Esta tarefa é voluntaria, e ten como obxectivo que practiquedes a maneira de entregar tarefas na Aula virtual.
Unha parte moi importante do quecemento son os estiramentos (Atención!: Esta é unha pista para contestar á segunda pregunta da Tarefa 1 (Tarefa anterior)). Non debedes de esquecer estirar antes dun partido, unha competición ou de practicar actividade física.
Sácate unha foto facendo algún tipo de estiramento, e envíamo tamén (premendo no botón laranxa "Engadir entrega" e achégaas como arquivo dende o teu ordenador, arrastrándoas ao recadro que se abrirá).
Coas fotos que mandedes, farei unha Composición que colgarei aquí, na Aula de E. Física, a semana próxima. Así, poderedes ver que os vosos compañeiros/as tamén practican coma vós.
Ánimo chicos/as!!