Section outline
-

ATENCIÓN!: Esta semana, como o venres é festivo, faremos a vídeoconferencia este mércores día 29. ás 12:00. Preparádevos para facer un pouco de Educación física!!
EQUILIBRIO
Ola chicos/as!
Esta semana vamos a continuar repasando cousas que xa fixemos na clase: en concreto traballaremos o equilibrio.
Déixovos algúns vídeos interesantes que podedes practicar durante esta semana, se podedes (na vídeoconferencia do xoves practicaremos xuntos algúns deles). Recordade que podedes adaptar as actividades ao espazo e ao tempo do que dispoñedes.
1º. Podedes repasar o vídeo do quecemento da semana pasada (recordade quentar ben os músculos antes de calqueira actividade física).
2º. O primeiro vídeo que vos deixo no apartado de recursos mostra cómo debemos facer os estiramentos; ao final do vídeo recorda como facer unha voltereta cara adiante (Fonte do vídeo: www.ictiva.com).
3º O segundo vídeo que vos deixo ten xogos para equilibrar obxectos (Fonte do vídeo: profesor Juan Piñeiro).
Recordade que nos vemos o mércores 29 ás 12.00. Estes son os materiais que tedes que preparar para ese día:
- 2 palos (por exemplo: o da escoba e o da fregona).
- 6 rollos de papel hixiénico (poden ser menos)
- 1 pelota pequena.
ÁNIMO CHICAS E CHICOS!!