Section outline

  • ef

    • Novas xerais e anuncios. Entrade aquí para ver os avisos de Educación Física.
      Neste foro non podedes responder (usade o foro de dúbidas para iso).
    • Para acceder á videoconferencia: tes que picar no enlace laranxa que tes xusto enriba (Vídeoconferencia).

      Contrasinal: despedida

      Nº de reunión: 121 168 5539

      TITORIAL ACCESO A VÍDEOCONFERENCIA 

      Tódolos venres de 11:00 a 12:00, espérovos para practicar un pouco de actividade física.

    • Neste foro podedes escribir tódalas dúdidas e preguntas que teñades con respecto á asignatura de Educación Física.

      Instruccións: Premer no botón Foro de dúbidas > premer no botón Engadir un novo tema de discusión > escribir na mensaxe a dúbida > premer no botón Comentar no foro (ao final da páxina).

  •  Fonte:Pixabay

    Empezamos a nosa andaina pola Aula virtual! 

    Que ben que nos volvemos ver de novo! (aínda que polo de agora, só pode ser virtualmente). De seguro que en pouco tempo voltaremos a gozar das clases de Educación Física no noso cole. 

    Pode parecer un pouco raro facer Educación Física por medio de esta Aula virtual, pero ímolo intentar. 

  • Imaxe de Mabelamber en Pixabay

    Como o imos facer?

    1. Cada semana deixarei algunhas propostas de actividades para que practiquedes na casa (aínda que as clases son dúas sesións semanais, vós podedes facelas no momento que mellor vos veña).
    2. Os venres ás 11: 00  intentaremos conectarnos por vídeoconferencia. Será unha sesión de Educación física de 40 minutos aproximadamente, así que necesitaredes roupa cómoda e algúns materiais que vos deixarei escritos no apartado de cada semana.
    3. Para preguntar dúbidas ou calqueira cousa que querades dicir, podedes utilizar o foro de dúbidas.

    Esta semana déixovos un vídeos do quecemento e os estiramentos, para que vaiades quentando motores, e unhas tarefas para que practiquedes a forma de entregar as tarefas na Aula virtual (son voluntarias).

  • Imagen de AndiP en Pixabay

    ATENCIÓN!: Esta semana, como o venres é festivo, faremos a vídeoconferencia este mércores día 29. ás 12:00. Preparádevos para facer un pouco de Educación física!!

    EQUILIBRIO

    Ola chicos/as!

    Esta semana vamos a continuar repasando cousas que xa fixemos na clase: en concreto traballaremos o equilibrio.

    Déixovos algúns vídeos interesantes que podedes practicar durante esta semana, se podedes (na vídeoconferencia do xoves practicaremos xuntos algúns deles). Recordade que podedes adaptar as actividades ao espazo e ao tempo do que dispoñedes.

    1º. Podedes repasar o vídeo do quecemento da semana pasada (recordade quentar ben os músculos antes de calqueira actividade física).

    2º. O primeiro vídeo que vos deixo no apartado de recursos mostra cómo debemos facer os estiramentos; ao final do vídeo recorda como facer unha voltereta cara adiante (Fonte do vídeo: www.ictiva.com).

    3º O segundo vídeo que vos deixo ten xogos para equilibrar obxectos (Fonte do vídeo: profesor Juan Piñeiro).

    Recordade que nos vemos o mércores 29 ás 12.00. Estes son os materiais que tedes que preparar para ese día:

    - 2 palos (por exemplo: o da escoba e o da fregona).

    - 6 rollos de papel hixiénico (poden ser menos)

    - 1 pelota pequena.

    ÁNIMO CHICAS E CHICOS!!

  • Imaxe de dimitrisvetsikas1969 en Pixabay

    EQUILIBRIO

    Ola chicos/as!

    Esta semana imos continuar facendo xogos de equilibrio.

    Déixovos algúns vídeos para practicar durante esta semana, se podedes (na vídeoconferencia do xoves practicaremos xuntos algúns deles). Recordade que debedes adaptar as actividades ao espazo e ao tempo do que dispoñedes.

    1º. O primeiro vídeo que vos deixo no apartado de recursos é un resumo da sesión de vídeoconferencia que tivemos o pasado xoves 23. Podedes vela, se non vos poidestes conectar ese día, ou volver a practicar algún dos exercicios que máis vos gustaron.

    Tamén ahí está o Reto da semana (que será a tarefa para entregar. Premede no Apartado Reto da semana, nas Actividades da semana anterior ).

    3º O segundo vídeo que vos deixo ten xogos de equilibrios con obxectos  (Fonte do vídeo: profesor Luis Miguel Aroca).

    Durante esta semana publicarei no apartado Recursos a Presentación coas fotos dos estiramentos que me estades enviando (Se non o fixestes, estades a tempo).

    Recordade que nos vemos o venres ás 11.00

    Como materiais necesitaremos: 2 paus (vale o da escoba e o da fregona), 6 - 8 rollos de papel hixiénico, todas as pinzas da roupa que poidades xuntar e unha cestiña.

  • Imaxe de Kaz en Pixabay

    COORDINACIÓN ÓCULO-MANUAL

    Que tal estades?

    Esta semana imos empezar a traballar os golpeos, lanzamentos e recepción de globos ou obxectos. Tamén practicaremos un pouco de Condición física.

    Os materiais que precisamos na vídeoconferencia son: 2 paus (vale o da escoba e o da fregona), 3-4 globos (en caso de non ter, busca alguna pelota que bote), 1 fío de lana ou cordel (aprox. 1 metro) e 1 cesto ou papeleira. 

    Déixovos algúns vídeos para practicar durante esta semana, se podedes (na vídeoconferencia do xoves practicaremos xuntos algúns deles).

    1º. No primeiro vídeo que vos deixo podedes practicar algún exercicios de condición física cun globo. (Fonte: profesor Juan Piñeiro)

    2º. O segundo vídeo é dun entreno, tamén con globos,  dun equipo de voleybol. (Fonte: Club Voleybol Gandía)

    3º. Recordade o Reto da semana: desprazarse levando na man unha torre de rollos de papel hixiénico (será a tarefa para entregar. Premede no Apartado Reto da semana, nas Actividades e subide o vídeo arrastrandoo co rato ao rectángulo se abaixo).

    Xa sabedes: vémonos o venres 15 ás 11.00.

  • Imaxe de congerdesign en Pixabay

    COORDINACIÓN ÓCULO-MANUAL II

    Que tal foi a semana?

    Esta semana seguimos a traballar golpeos, lanzamentos e recepcións de globos ou obxectos. Practicaremos tamén golpeos con un implemento (unha raqueta).

    Os materiais que precisamos na vídeoconferencia son: 2-3 globos (en caso de non ter, vale unha bolsa de plástico fino inflada de aire), 1 fío de lana ou cordel (aprox. 1 metro) , unha raqueta (ou prato de plástico ou un cartón), 1 cesto ou papeleira. 

    Déixovos algúns vídeos para practicar durante esta semana.

    1º. No primeiro vídeo que vos deixo podedes practicar algún exercicios parecidos aos que practicamos a semana pasada cun globo. Tamén podedes ver unha forma de construir unha raqueta con cousas que teñades por casa. (Fonte: Lyndon B. Johnson School Barranquilla)

    2º. O segundo vídeo mostra exercicios de coordinación utilizando unha pelota. Tamén exercicios por parellas que podedes practicar con alguén da vosa familia (Fonte: Mestra Berena Fontena)

    3º. Recordade o Reto da semana: Manter 2 ou 3 globos no aire sen que caian ao chan (10 toques)  (será a tarefa para entregar. Premede no Apartado Reto da semana, nas Actividades e subide o vídeo arrastrandoo co rato ao rectángulo se abaixo).

    Xa sabedes: vémonos o venres 22 ás 11.00.

  • Imaxe de gellingeren Pixabay

    COORDINACIÓN ÓCULO-PÉDICA

    Ola chicos e chicas! Q tal estades?

    Esta semana seguimos a traballar habilidades cun balón nos pés.

    Os materiais que precisamos na vídeoconferencia son: un balón ou un globo (para que pese un pouco máis, rodéao de cinta adhesiva ou cinta de pintor, como se explica no primeiro vídeo), 1 fío de lana ou cordel (só os que tedes globo), 4 -5 latas, botellas de plástico ou rollos de papel hixiénico (serán os nosos conos), 1 cesto ou papeleira. 

    Déixovos algúns vídeos para practicar durante esta semana.

    1º. No primeiro vídeo que vos deixo podedes practicar algúns exercicios cun globo. Tamén podedes ver unha forma de facer que pese máis (pégandolle cinta adhesiva) (Fonte: Edufísica Anfegol)

    2º. O segundo vídeo mostra exercicios de coordinación utilizando unha pelota. (Fonte: Mestre Juan Piñeiro.)

    3º. O terceiro vídeo mostra como aprender a dar toques ao balón cos pés. (Fonte: Mestre Juan Piñeiro.)

    4º. Recordade o Reto da semana: Manter 2 globos no aire sen que caian ao chan dándolle 5 toques coa raqueta.  (será a tarefa para entregar. Premede no Apartado Reto da semana, nas Actividades e subide o vídeo arrastrandoo co rato ao rectángulo se abaixo).

    Xa sabedes: vémonos o venres 29 ás 11.00.

  • Imaxe de gellinger en Pixabay

    LANZAMENTOS DE PRECISIÓN/ XOGUETES CON MATERIAL DE REFUGALLO

    Ola chicos e chicas! Q tal a semana?

    Esta semana imos traballar as punterías e tamén imos contruir un xoguete moi sinxelo, durante a vídeoconferencia.

    Como materiais necesitaremos:

    Un vaso de plástico ou de iogur valeiro, un cordel fino (1 metro más/menos), unha lámina de papel de aluminio (tamaño folio ou un pouco máis grande), 6 pinzas da roupa (3 dunha cor e 3 doutra cor), un garabanzo ou boliña pequena.

    No apartado Recursos déixovos un taboleiro Padlet onde tedes pinchados (como se foran post-its) varios vídeos con exemplos de xogos feitos con materiais de refugallo que teñades pola casa.

    Esta semana NON haberá Reto semanal novo (faltades varios por enviarme os retos anteriores, así que animádevos, que o da semana anterior aínda está aberto).

    O que sí vos vou pedir é que me entreguedes unha tarefa avaliable (para subir a nota de Educación Física), que consiste en facer vós o voso propio xogo con materiais que teñades pola casa. Podedes facer un dos exemplos que vos deixo ou outro que vos guste máis. Sei que sodes moi creativos/as!

    Cando o teñades feito, teredes que subir unha foto ao "Taboleiro colaborativo do curso 3º EP: Xogos con material de Refugallo"no apartado Actividades (seguide as instrucións da tarefa).

     Tedes de prazo para a entrega da foto do xogo ata finais da semana que vén (venres 5 de xuño).

    Xa sabedes: vémonos o venres 5 de xuño ás 11.00.

    Deica logo!

  • Imaxe de Donations_are_appreciated en Pixabay

    XOGOS CON CHAPAS (XOGOS CON MATERIAL DE REFUGALLO)

    Ola chicos e chicas! Xa estamos na recta final das nosas videoconferencias.

    A semana pasada celebrouse a Semana do Medioambiente, por iso imos a continuar xogando con materiais de refugallo: esta vez tócalle o turno ás chapas. Imos facer uns xogos sinxelos de habilidade e tamén construir un circuito para facer carreiras de chapas (Atención! O circuíto construirémolo con cousas que teñamos pola casa, así que hai que ser creativos)

    Como materiais necesitaremos:

    Chapas metálicas de botellas ou tapas metálicas pequenas de botes , cartóns de rollos de papel hixiénico, cordas, lápices, tesoiras, un folio, sillascaixas e calquera cousa que sirva para facer de obstáculo nun circuito (como se indica no vídeo 1). 

    No apartado Recursos déixovos  dous vídeos de diferentes xogos que se poden facer cunha chapa, e tamén un exemplo de circuíto de chapas.

    Esta semana NON haberá Reto semanal novo.

    O que sí vos vou pedir é que me entreguedes a tarefa avaliable (para subir a nota de Educación Física), que consiste en facer vós o voso propio xogo con materiais que teñades pola casa. Podedes facer un dos exemplos que vos deixei a semana pasada (Recursos) ou outro que vos guste máis. 

    Cando o teñades feito, teredes que subir unha foto ao "Taboleiro colaborativo do curso 3º EP: Xogos con material de Refugallo"no apartado Actividades (da semana pasada).

    IMPORTANTE: A partir do martes 10 non podo admitir máis entregas de tarefas, así que Apurade!!.

     Xa sabedes: vémonos o venres 12 ás 11.00.

    Deica logo!

  • Hello summer

    ¡Ola chic@s!:

    O verán está á volta da esquina e chega a hora de despedirnos: Este mércores temos a nosa última videoconferencia. Nela imos facer un repaso do que fixemos neste período tan raro que nos tocou este curso. (Atención! Recordade que cambiamos o día: será o mércores 17 ás 11:00)

    Esta vez non teredes que preparar ningún material, pero sí que tedes que apuntar nun papel a resposta a estas catro preguntas:

    1ª. Qué aprendín en Educación Física este curso? (Algo que no sabías a principio de curso, e que agora descubriches que sabes).

    2ª Qué é o que más me gustou e o que menos me gustou desta clase?

    3ª En que teño que mellorar eu?

    4ª En que ten que mellorar a vosa profe (Noemí)?

    Quero que o anotedes porque na videoconferencia falaremos sobre elas.

    Nota: Non é un examen, así que tódalas respostas son válidas (podemos ter distintas opinións, claro que sí).

    Vémonos o mércores 17 de xuño ás 11:00!

    • Recursos:

    • Actividades

    • Recursos:

    • Actividades