Section outline
-

LANZAMENTOS DE PRECISIÓN/ XOGUETES CON MATERIAL DE REFUGALLO
Ola chicos e chicas! Q tal a semana?
Esta semana imos traballar as punterías e tamén imos contruir un xoguete moi sinxelo, durante a vídeoconferencia.
Como materiais necesitaremos:
Un vaso de plástico ou de iogur valeiro, un cordel fino (1 metro más/menos), unha lámina de papel de aluminio (tamaño folio ou un pouco máis grande), 6 pinzas da roupa (3 dunha cor e 3 doutra cor), un garabanzo ou boliña pequena.
No apartado Recursos déixovos un taboleiro Padlet onde tedes pinchados (como se foran post-its) varios vídeos con exemplos de xogos feitos con materiais de refugallo que teñades pola casa.
Esta semana NON haberá Reto semanal novo (faltades varios por enviarme os retos anteriores, así que animádevos, que o da semana anterior aínda está aberto).
O que sí vos vou pedir é que me entreguedes unha tarefa avaliable (para subir a nota de Educación Física), que consiste en facer vós o voso propio xogo con materiais que teñades pola casa. Podedes facer un dos exemplos que vos deixo ou outro que vos guste máis. Sei que sodes moi creativos/as!
Cando o teñades feito, teredes que subir unha foto ao "Taboleiro colaborativo do curso 3º EP: Xogos con material de Refugallo", no apartado Actividades (seguide as instrucións da tarefa).
Tedes de prazo para a entrega da foto do xogo ata finais da semana que vén (venres 5 de xuño).
Xa sabedes: vémonos o venres 5 de xuño ás 11.00.
Deica logo!
-
Pincha na seguinte ligazón para subir a foto do teu proxecto.
Taboleiro colaborativo do curso 3º EP: Xogos con material de Refugallo
https://padlet.com/noemiromay/q9usn55jjw20lh2j
Instrucións: Accede ao taboleiro Padlet e abre un novo cadro de diálogo, pinchando no símbolo +.
Sube a foto, premendo no icono da frecha (Cargar). Ponlle un título e o teu nome. Tamén podes escribir un pequeno texto sobre como se xoga.Atención!: Abro a posibilidade de Entregar Tarefa aquí, por si queredes subir un vídeo de como xogades co voso xogo, pero é unha actividade voluntaria.