Section outline
-

COORDINACIÓN ÓCULO-MANUAL II
Que tal foi a semana?
Esta semana seguimos a traballar golpeos, lanzamentos e recepcións de globos ou obxectos. Practicaremos tamén golpeos con un implemento (unha raqueta).
Os materiais que precisamos na vídeoconferencia son: 2-3 globos (en caso de non ter, vale unha bolsa de plástico fino inflada de aire), 1 fío de lana ou cordel (aprox. 1 metro) , unha raqueta (ou prato de plástico ou un cartón), 1 cesto ou papeleira.
Déixovos algúns vídeos para practicar durante esta semana.
1º. No primeiro vídeo que vos deixo podedes practicar algún exercicios parecidos aos que practicamos a semana pasada cun globo. Tamén podedes ver unha forma de construir unha raqueta con cousas que teñades por casa. (Fonte: Lyndon B. Johnson School Barranquilla)
2º. O segundo vídeo mostra exercicios de coordinación utilizando unha pelota. Tamén exercicios por parellas que podedes practicar con alguén da vosa familia (Fonte: Mestra Berena Fontena)
3º. Recordade o Reto da semana: Manter 2 ou 3 globos no aire sen que caian ao chan (10 toques) (será a tarefa para entregar. Premede no Apartado Reto da semana, nas Actividades e subide o vídeo arrastrandoo co rato ao rectángulo se abaixo).
Xa sabedes: vémonos o venres 22 ás 11.00.