Biblio 2
Section outline
-
Benvidos/as á nosa AULA VIRTUAL DA BIBLIOTECA
Ao longo deste curso iremos compartindo neste espazo todas as actividades, propostas e novidades da nosa biblioteca escolar. Aquí poderedes atopar fotografías, vídeos, creacións do alumnado e moito máis.
Este ano poñemos rumbo ás estrelas coa aventura do proxecto interdisciplinar “Agronautas en órbita”, no que exploraremos o universo, a ciencia, a lectura e a imaxinación.
Preparade os vosos traxes espaciais… porque a misión xa comezou!
-
-
Este curso, o noso itinerario lector acompaña o PDI “Agronautas en órbita”, unha proposta que nos invita a explorar, descubrir e imaxinar.
As lecturas seleccionadas achégannos a mundos e experiencias diversas: algunhas conectan directamente coa temática do proxecto, mentres outras amplían horizontes e enriquecen a nosa viaxe lectora desde diferentes perspectivas.
Este itinerario intégrase tamén no marco do PLEA, reforzando o papel da lectura como ferramenta fundamental para aprender, reflexionar e medrar.
Porque ler é, ao fin e ao cabo, unha forma de viaxar.
EDUCACIÓN INFANTIL
3 ANOS A: UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA
3 ANOS B: UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA
4 ANOS A: UN PUÑADO DE BOTÓNS
4 ANOS B: PAPÁ, POR FAVOR, ACHÉGAME A LÚA
5 ANOS
UN GRAN SOÑO
QUEN VÉN ESTA NOITE?
EDUCACIÓN PRIMARIA
-
Misión 25/26 en marcha. No marco do noso PDI Agronautas en órbita, o noso alumnado iniciou unha viaxe máis alá da aula, converténdose en auténticos exploradores do coñecemento.
Ao longo deste percorrido, investigaron, experimentaron e crearon, construíndo aprendizaxes de maneira activa e compartida. Cada paso foi unha pequena conquista nunha aventura chea de curiosidade, creatividade e traballo en equipo.
Este blog recolle unha mostra desta viaxe. Preparados para despegar con nós?
EDUCACIÓN INFANTIL
3 ANOS A
CONSTRUÍMOS O NOSO SISTEMA SOLAR
3 ANOS B
DESCUBRINDO O SISTEMA SOLAR
4 ANOS A
ASTROAVENTURA: UNHA AVENTURA MÁXICA
4 ANOS B
ABECEDARIO DO UNIVERSO
5 ANOS
AGRONAUTAS EN ÓRBITA
EDUCACIÓN PRIMARIA
-
-
-
O noso proxecto: Durante este curso 2025/2026, o noso centro está nunha continua viaxe espacial a través do PDI “Agronautas en órbita”.
Por iso, as alumnas e alumnos de 6ºB dicidimos elaborar vídeos coa técnica Stop Motion que nos achegan a diferentes momentos históricos relacionados coa conquista do Universo.
-














































