Saltar la navegación

Glosario para non perderse en Twitter

Acabamos de ver as principais funcionalidades para dar os primeiros pasos por Twitter, pero como en todos os ámbitos e sobre todo na Rede, Twitter ten prácticamente unha linguaxe propia. Ao movernos por el leremos termos específicos, abreviacións, siglas, etc. Vexamos algúns dos máis habituais para familiarizarnos con eles:

  • Cronoloxía (tamén Timelime ou TL): é o espazo da nosa páxina de inicio onde podemos ver tanto os nosos chíos como os chíos das persoas que seguimos.
  • Rechouchío (tamén RT, do inglés retwueet): é a acción de difundir íntegramente o contido dun chío doutro usuario. Os propios chíos teñen en baixo un botón de rechouchío para facilitar esta acción.
  • Cancelo (#): os cancelos son palabras precedidos do símbolo #, por exemplo #ensino, #CAFI_ddmm,... que se introducen nos chíos e permiten seguir conversas sobre un tema, un evento, etc. Se facemos clic no cancelo poderemos acceder a todos os chíos que o conteñen.
  • Mensaxe directa (tamén DM): é a opción que temos de comunicarnos con outros usuarios de xeito que as mensaxes que escribimos non sexan púlbicas.
  • Mención: son aqueles chíos nos que incluímos o nome de usuario doutra persoa. A esta porsoa chegaralle unha notificación de que foi incluída nese chío.
Pantalla móbil con Twitter
Comezando en Twitter Dominio público

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)