Editar o noso perfil
Unha vez creado o usuario é o momento de personalizar o noso perfil: imaxe, breve texto que nos represente, ligazón a alguna páxina persoal ou blog,...
Na barra superior que aparece na páxina de Twitter unha vez estamos identificados aparece un pequeno círculo que permite acceder á configuración do noso perfil entre outras opcións. Prememos nel e no menú que se desprega escollemos a primeira opción, onde aparece o noso nome de usuario e por baixo Ver perfil
Aparecerá a páxina do noso perfil.
Se prememos no botón Editar perfil poderemos mudar:
- A imaxe de cabeceira (a que aparece de fondo)
- A imaxe de perfil (a que aparece xunto co nome de usuario sempre que interaccionamos con outros usuarios, a que nos representará nesta rede)
- Un breve texto que nos identifique ou que consideremos significativo.
- A nosa ubicación
- Unha ligazón a unha páxina persoal, blog, etc.
- A data do noso aniversario.
Todos estes elementos son opcionais, pero unha imaxe real e apropiada será básica na nosa comunicación en Twitter.
Tamén podemos mudar o idioma no que se presentan os elementos da páxina. Só temos que premer no cículo coa nosa imaxe de perfil da barra superior e no menú despregabre escoller Configuración e Privacidad. Na pantalla que se abre poderemos mudar o idioma entre outros elementos como zona horaria, correo electrónico, nome de usuario...
Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento No comercial Compartir igual 4.0