Elementos principais da páxina de inicio
A relación entre usuarios en Twitter é a de Seguir. Cando consideramos que a información que comparte algún usuario é do noso interese decidimos seguilo. A partir de entón cada mensaxe (chío) que comparta aparecerá na parte central da nosa páxina (cronoloxía). Ao contrario do que sucede noutras redes sociais, a relación de seguir a un usuario non ten porque ser bidireccional, podemos seguir a unha persoa que non nos siga necesariamente a nós e viceversa.
Se queremos buscar a alguén en concreto non temos máis que escribir o seu nome de usuario no espazo da parte superior da pantalla que pon Buscar en Twitter. Unha vez accedamos á súa páxina de perfil teremos un botón que nos permite seguilo a partir dese momento.

Na parte superior esquerda da pantalla podemos ver o resumo do noso perfil: número de chíos efectuados, número de usuarios aos que seguimos e número de usuarios que nos siguen. Por baixo desta información temos as tendencias en Twitter no momento actual. Estas tendencias pódense personalizar ou circunscribir a un ámbito xeográfico.
Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento No comercial Compartir igual 4.0