Abrir unha conta en Twitter
Abrir unha conta en Twitter
O primeiro que deberemos facer é abrir un navegador e ir á web de Twitter: https://twitter.com
Accedendo á opción de Regístrate enchemos os campos que nos solicitan: nome completo, correo electrónico e contrasinal.
Logo de encher os datos e premer no botón de Regístrate danos a opción de introducir o noso teléfono (podemos omitir este paso).
Na seguinte pantalla teremos que escoller o noso nome de usuario. Debemos ter en conta que esta será a nosa "identidade" e polo tanto debemos pensar ben nun nome que resulte identificativo e representativo.
E xa teremos creado o noso perfil de Twitter. Lembremos que un usuario de Twitter sempre aparece precedido do símbolo @. Exemplo: @CAFIgalicia
Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento No comercial Compartir igual 4.0