Saltar la navegación

Elementos da barra superior

Na parte superior da páxina principal temos unha barra cos seguintes elementos:

Barra superior da páxina de inicio

  1. Inicio: Permítenos volver á nosa páxina de inicio de Twitter dende calquera outra das páxinas.
  2. Momentos: Neste apartado poderemos gardar e clasificar chíos por categorías.
  3. Notificacións: Aquí poderemos consultar todas as intereaccións de outros usuarios co noso perfil: cando comezan a seguirnos, cando respostan, rechouchían ou dan "me gusta" a algún chío noso, cando nos mencionan nun chío doutro usuario,...
  4. Mensaxes: Nesta opción podemos enviar ou consultar mensaxes privados con outros usuarios. Debemos lembrar que todas os chíos de Twitter son públicos, de modo que se queremos comunicarnos de xeito privado con outro usuario teremos que facelo a través desta funcionalidade.
  5. Procurar no Twitter: Trátase dun buscador interno. Aquí poderemos procurar temáticas, usuarios, etc.
  6. A nosa imaxe: Se prememos nela desprégase un menú onde poderemos configurar todo o relativo ao noso perfil e as funcionalidades da ferramenta: listas de usuarios, privacidade, estética da páxina, bloqueo de usuarios, etc
  7. Chiar: Premendo este botón abrimos unha caixa de texto onde escribir os nosos chíos. Este texto pódese acompañar con imaxes ou gifs, incluso achegar a ubicación ou crear unha pequeña enquisa.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)