Versión de Na Lúa
|
Alá cando era bon mozo tiña doce anos cumpridos fun ver unha nena guapa filla do Xan Dos Despidos.
Tiña un pau que era tan ghrande como o fungueiro dun carro e unhas zocas de chinela fumando nun gran cigarro.
Entrei dando as boas noites sae un can mui apurado rachoume o calzón de estrena e tiroume deitado.
O vello peghoulle un couce atrás can condenado! bateume a mín nas costas que me deixou derreado.
A rapaza non estaba dis que iba nun viaxiño eu saín pra esperala no alboio dun veciño.
|
Saíume un can que era tan feo como a cabeza dun sapo arrastroume pola lama mesmo que se fora un trapo.
Como o can ladraba tanto saen tódo-los veciños con colmeiros, paus e fouces e as mulleres con fouciños.
No camiño unha vella que pensando ben non creo peghoume tres bofetadas dicindo que era mui feo.
Miña nai cheghando á casa fíxome unas boas sopas cantoume as cuarenta de bastos e tamén as vinte en copas.
E o meu pai que estaba cerca pra quentarme ben as moas deume sete bofetadas por riba do mel filloas.
|
|
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 3.0