Cantar a canción
A pulgha i a palla...

A continuación presentamos dúas versións da peza. A primeira presenta a melodía gravada, mentres que a segunda non. Así, o alumnado poderá aprender a letra e música cantando con apoio e logo, se interesa, sen el. En ambos casos presentamos unha pequena introdución e remate ao final.
|
A pulgha i a palla queríanse casar tan ricos estaban que non tiñan pan. Saíu a formiga do seu formigheiro, que sighan ar bodas qu’eu son panadeiro. I ahora mi vida panciño tenemos, fáltanos el vino, ¿iónde lo hallaremos? Salíu o mosquito do seu mosquiteiro que sighan ar bodas qu’eu son taberneiro. I ahora mi vida, viniño tenemos, fáltanor la carne, ¿iónde la hallaremos? Salíu o lobo detrás do valado si fai falta carne mandarme recado. I ahora mi vida, carniña tenemos, fálta la madriña, ¿iónde la hallaremos? Salíu a raniña da súa pociña que sighan as bodas qu’eu vou de madriña. |
Con melodía | |
|
Ahora mi vida, madriña tenemos, falta el padriño, ¿iónde lo hallaremos? Saíu o ratiño do seu buratiño que sighan as bodas qu’eu son o padriño. I ahora mi vida, padriño tenemos, falta el ghaiteiro, ¿iónde lo hallaremos? Saíu o grilo detrár do terrón, hinchand’o fociño baixando o cerrón. I ahora mi vida, ghaiteiro tenemos, fáltanos el fuego, ¿iónde lo hallaremos? Saíu o ghato detrás do cruceiro que sigan ar bodas qu’eu son fogheteiro. (Falado): fu fu fu |
Sen melodía |
Ficheiros adxuntos
Descarga, se o precisas, os arquivos desta sesión.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 3.0