Youtube
A inserción de un vídeo aloxado en Youtube ou calquera outro contido do que podamos obter un código de embebido (slideshare, scribd, vimeo...) é moi doado seguindo os seguintes pasos:
1.- Obteña o "código de embebido". Vaia a youtube (ou a calquera outra que nos permita obter este código) e "localice" o vídeo.
2.- Abra un novo "iDevice" de "texto libre" e inserte o código dende o botón de "Paste HTML (embed code)".
Con isto teremos o contido "embebido" no noso proxecto. Teña en conta que hai moitos elementos que poden ser introducidos nas nosas páxinas do mesmo xeito que acabamos de facer aquí.