Lim
Ó igual que acabamos de comentar no apartado de Ardora, tamén podemos inserir actividades creadas con LIM dentro do noso proxecto eXe, o proceso é moi similar.
Para empezar, seleccionaremos o iDevice "Miniaplicación de Java", é certo que LIM non emprega Java pero para os nosos propósitos esta é a opción máis sinxela e axeitada.
1.- Obter o código da miniaplicación: Cando crea contidos con LIM o programa crea unha serie de arquivos, neste momento nos interesa fundamentalmente a páxina web, arquivo con extensión html, neste arquivo, tal e como se indica no gráfico está o código que necesitamos "pegar" en eXe. Fíxese na infografía no código que debe de pegar en eXe.
2.- Unha vez que temos "copiado" o código debemos de "pegar" no apartado do "código da miniaplicación". Unha vez pegado debemos de buscar na primeira liña, do código que acabamos de pegar, os parámetros "width" e "height" para cambiar "100%" por valores como "800" e "600" respectivamente (estamos indicando que cando se abra o libro LIM dentro de eXe, o tamaño que terá será de 800x600 píxeles, faga algunhas probas para ver cal pode ser o tamaño máis axeitado ó seu caso, deberá de obter algo parecido a:
3.- Por último so nos queda "Engadir ficheiros" necesarios para o funcionamento do libro LIM, como mínimo sempre vai a a ter dous arquivos que engadir, "lim.swf" e outro con extensión "lim" e nome o que vostede indicase (no noso exemplo exe_lim), normalmente nos seus proxectos LIM empregará máis arquivos (imaxes, sons) para as distintas actividades, tamén debería de "engadir" estes ficheiros, no noso exemplo se precisan dúas imaxes "jpg".
Si o volume dos recursos empregados no seu libro LIM é importante e o "produto final" do seu traballo vai a ser "exportar - Sitio web - Cartafol independente", unha opción "máis cómoda" pode ser a de indicarlle a LIM que "copie" todos os recursos dentro dunha carpeta (vostede decide o nome), neste caso non "engadiriamos" máis arquivos que os dous indicados e logo "manualmente" so teríamos que copiar esta carpeta de recursos dentro da carpeta que crea eXe ó exportar o proxecto.
Ó validar o iDevice é normal que no vexa o libro LIM dentro de eXe, cando o "exporte" xa será totalmente visible e operativo.