Powerpoint
É certo que as presentacións dixitais, mais coñecidas como Powerpoints, non son representativas do que a introdución das TICs na aula debe de ser pero tamén é certo que existe un número importante de traballos, realizados por distintos docentes baixo esta tecnoloxía, dos que podemos aproveitarnos. A creación dun Powerpoint é sinxela e permite a obtención dun produto cun esforzo relativamente pequeno e en pouco tempo, é por eso que neste apartado vamos a ver o xeito de introducir esas presentacións dentro do noso proxecto de eXe.
Como se comenta ó final deste módulo é importante que todos os nosos proxectos/contidos os
intentemos crear "en contorna web", no caso que nos ocupa vamos a
"migrar" esa presentación a un formato que nos permita a súa inclusión
dentro dun formato web, para elo, debemos contar (ademais da presentación) co programa gratuíto e de código aberto, LibreOffice (ou OpenOffice) instalado na súa computadora, concretamente nos interesa o programa Impress (presente en calquera das dúas "suites").
1.- O primeiro que debemos de facer é abrir/crear a
nosa presentación con Impress (si a creou con Powerpoint tamén a pode
abrir dende Impress), unha vez aberta debemos de "exportar" a
"Macromedia Flash (swf)", isto nos permitirá incluir a nosa presentación
en calquera páxina web (aínda que non fose en eXe).
Este simple xesto nos permite obter un único arquivo "swf" que pode ver indicando ó seu sistema operativo que se abra con un navegador, é certo que pode perder algunha "transición" ou "efecto" pero a conversión pode considerarse aceptable.
2.- O segundo paso é introducir ese arquivo no noso proxecto de eXe, neste caso empregaremos o iDevice "texto libre", tan so debemos de indicar que queremos inserir un contido "embebido" (icona película fotográfica). Preste especial atención a indicar en "Type" que se trata dun arquivo flash (tal e como se recolle na imaxe).
Como sempre, validando o iDevice a presentación aparecerá dentro do seu proxecto.
Importante
É moi importante que empece a ter en conta que a contorna web, na actualidade, é a máis axeitada para o desenvolvemento dos nosos contidos,
é independente do sistema operativo e non require de grandes recursos, a
presentación ó alumnado é tan simple como a "colocación/copia" dos
arquivos nun servidor de internet (ou aula virtual como Moodle) ou nun
ordenador da propia rede do centro/aula que faga a función de servidor
web (intranet), copio unha única vez e está á disposición de calquera
equipo conectado á rede.
A creación de contidos con ferramentas como Impress ou propio
Powerpoint, fan que, para poder obter un rendimento do noso traballo,
teñamos que telos instalados nos ordenadores do noso alumnado, outras,
como as que soen acompañar ás pizarras dixitais requiren que, como
mínimo, o seu software estea instalado (nalgúns casos incluso se podenecesitar que se atope conectado determinado hardware que os nosos alumnos
non teñen por que telo).