Ardora

Xunto con outro contido vostede pode incluir actividades interactivas creadas con Ardora dentro do seu proxecto de eXe. Si desexa coñecer máis sobre Ardora consulte o módulo relativo a este programa.

Para introducir unha actividade debemos de seleccionar o iDevice "Miniaplicación de Java" e seguir estes sinxelos pasos:

1.- Carga do arquivo jar creado con Ardora: como se explica no módulo relativo a Ardora, para as actividades interactivas que crea Ardora sempre vamos obter dous arquivos co mesmo nome un con extensión jar e outro con extensión htm, neste primeiro paso nos interesa o arquivo jar.

 

2.- Obtención do código da miniaplicación: para elo nos centraremos no arquivo htm, o cal o abriremos con un editor, o bloc de notas pode ser máis que suficiente, unha vez aberto debemos de buscar a liña que se indica no seguinte gráfico, copiala e logo pegala no recadro de "código da miniaplicación".

Unha vez copiado o código e validado poderá ver xa a actividade dentro do seu proxecto.