Sitio externo
Sitio Web Externo é unha das posibilidades que nos ofrece eXe para "embeber" unha web aloxada en internet como parte do noso contido. Teña presente que achegar este iDevice nos nosos proxectos implica que sempre aparecerá o "estado" no que se atope a citada web (incluso que fose borrada ou substituída por outra). Dito doutro xeito, procure sempre "lugares" de recoñecida "solvencia e perpetuidade".
O proceso é moi sinxelo:
Visualice co navegador a páxina que vamos a "embeber".
1.- Copie o apartado da dirección (URL) do navegador, seleccione toda a URL, botón dereito - copiar ou ctrl-c.
2.- En eXe, seleccione o iDevice "Sitio Web Externo".
3.- No apartado de URL debemos de "pegar" a dirección do contido que queremos "incrustar".
4.- As páxinas web poden ter unha altura "considerable" (ocorre en moitos blogs onde cada post se sitúa, sen máis organización, "un enriba doutro "), polo que será conveniente determinar cal vai a ser a altura do "marco" no que se vai a amosar esa web,é unha cuestión de visualización é moi persoal pero "medium" pode ser un valor axeitado.
Como sempre rematamos validando (icona verde).