Ver antes de facer

Antes de poñernos a practicar na construción da primeira wiki é conveniente coñecer algunha para ter as ideas máis claras sobre o seu funcionamento e a súa filosofía.

Propoñemos algunhas wikis para que naveguedes por elas e se é o caso, se vos interesa, poidades participar e crear algunha entrada (nas wikis que é posible participar veredes un enlace invitando a rexistrarse):

 

  • Paulatingallaecia: Taller de elaboración de materiais para as probas de Selectividade de latín (PAAU) do IES Manuel García Barros. A Estrada.
  • Recursos para o ensino: Wiki colaborativa que trata de recoller e organizar algúns dos recursos educativos para utilizar nas aulas.
  • Wiki Don Aurelio: Do CPI Aurelio M.Rey García de Cuntis.
  • Distibac: Do IES da Pobra do Caramiñal.
  • Wikiescola: Espazo que pretende ser un lugar de encontro, un recompilatorio de artigos, unha exposición de experiencias, de recursos..., que teñan a ver co ensino e tamén co sistema educativo, da Galiza, mais non só.
  • WikiBiblio: Un espazo de participación das bibliotecas escolares.
  • Wikibooks: É un proxecto plurilingüe que ten por finalidade construír unha colección de libros electrónicos de contido aberto e libre, destinados especificamente para o público estudantil.
  • Wikimedia Commons: unha base de datos con millóns de ficheiros multimedia de uso libre na que calquera pode contribuír.
  • Wiki2: A wiki das wikis educativas do ITE (Instituto de Tecnoloxías Educativas). Recompilación de wikis relacionadas co ensino, e onde poderedes obter moitos máis enderezos de wikis de interese.